ADOPCIÓN DE MEDIDAS SOCIAIS E ECONÓMICAS EN RELACIÓN Á CRISE DO COVID-19

Sala de Prensa

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR PARA A ADOPCIÓN DE MEDIDAS SOCIAIS E ECONÓMICAS EN RELACIÓN Á CRISE DO COVID-19 

Dña Soraya Salorio Porral, Portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Sada, en nome e representación do mesmo, con arreglo ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte Proposta de MOCIÓN:

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O venres 13 de marzo de 2020 publicouse no DOG o Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se declaraba a situación de emerxencia sanitaria ante a evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 na nosa Comunidade Autónoma, que daquela contaba con 7 pacientes ingresados en UCI, 26 en unidades de hospitalización, 79 no domicilio e ningún falecido. 

Ese mesmo 13 de marzo, os datos en España eran máis preocupantes: xa faleceran 120 persoas e o número de contaxiados positivos eran 4.209. Esta situación levou ao goberno a declarar o estado de alarma mediante o Real Decreto 463/2020, que entrou en vigor o domingo 15 de marzo. 

A declaración do estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria estableceron a suspensión ou limitación dun número importante de actividades sociais e económicas, así como restricións na mobilidade das persoas (a través do Real Decreto 463/2020) ante o risco para a saúde pública que supón a propagación deste virus.

Todas as administracións debemos traballar coa máxima lealdade e coordinación para implementar, dentro do noso respectivo marco competencial, medidas que garantan a seguridade e a saúde dos cidadáns, así como tamén aquelas que contribúan a minimizar o impacto económico e social derivado desta crise sanitaria. 

E, en primeiro lugar, nós debemos velar porque o noso concello, en función das nosas disponibilidades orzamentarias e persoais, e dado o seu carácter de administración máis próxima ao cidadán, preste a millor atención posible aos colectivos máis vulnerables, así como aos sectores máis castigados por esta pandemia co obxectivo de que a recuperación económica e social se produza á maior brevidade posible. 

Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no concello de Sada, presenta a seguinte:

 

PROPOSTA DE ACORDOS

1º.O concello de Sada aprobará e implantará, a través dos correspondentes órganos competentes, e con respeto a legalidade vixente, a Creación do Comité para a recuperación de Sada, formado por unha persoa de cada grupo político, ex alcaldes, técnicos municipais, representantes dos hostaleiros, comerciantes e empresarios e das entidades sociais, cos seguintes obxetivos:

a) Deseño de Estratexia de dinamización e consumo no comercio, servizos e hostalaría local (mapa interactivo que facilite a localización e coñecemento dos negocios, implicación na plataforma ventas online e planificación de actividades culturais)

b) Apoio económico directo a familias con dificultades por COVID-19.

c) Aprobación dun plan de apoio ás entidades sociais que traballan cos colectivos máis vulnerables e na loita contra a violencia machista.

d) Programación alternativa á Feira Modernista que active e dinamice o consumo na hostalería e comercio da nosa vila

e) Redeseño das Festas Patronais de San Roque 2020.

2º. O seguimento e a verificación do cumprimento das anteriores medidas incluirase como un punto específico da orde do día das sesións plenarias desta Corporación municipal 

En Sada, a 25 de maio de 2020

 

 

 

Dña Soraya Salorio Porral

Portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular Sada 

 

Regístrese a través de nuestro servicio gratuito de suscripción por correo electrónico para recibir notificaciones cuando haya nueva información disponible.
Términos y Condiciones
Avenida da Mariña 25 - Sada
Avenida da Mariña 25 - Sada