MITIN EN MOSTEIRON

Municipales 2019

O día das Letras Galegas, e a pesares do mal tempo reinante, sobre as 12 do medio día, no entorno da Igresia de Mosteirón, celebrouse un mitin coa asistencia dun grupo de vecinos moi interesados en escoitar as nosas propostas.

Por parte do Equipo de Ernesto Anido, interviñeron Soraya Salorio e María Xosé García, antes da intervención do noso cantidato á alcaldía.

Aproximadamente ó longo dúnha hora, comentáronse as propostas para a parroquia de Mosteirón e respondéronse todas as cuestións que lle foron formuladas.

Rematou o acto solemnemente co noso Himno Galego, interpretado por dous gaiteiros convidados.

Xa á tarde, sobre as 20,30 horas, na Casa da Cultura de Mondego, celebrouse o segundo mitin do día cun nutrido grupo de veciños.

Comezaron as intervencións Soraya Salorio e Leticia Roig para, a continuación, dar paso a Ernesto Anido.

Ó longo de máis dúnha hora o noso candidato explicou unha serie de ideas e propostas, en consenso cos veciños asistentes, a desenrolar ó longo da próxima lexislatura, sempre que se consiga a mayoría absoluta necesaria para poder gobernar.

Ó remate de ambos eventos repartiu, entre os veciños asistentes, un pequeno agasallo que representa “O valor do noso” e agredeceu sinceramente a asistencia e o interés demostrado por todos.

Hoxe sábado, 18 de Maio, celebrarase un mitin en Riobao as 20,30 horas ao que están todos cordialmente convidados.